Veciñas, veciños, traballadores municipais, concelleiros e concelleiras amosaron deste xeito a súa repulsa por ese crime. O alcalde, Alfredo Llano, participou no acto xunto aos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, e outros edís da Corporación Municipal.
O rexedor comentou que “esta tarde ao inicio do pleno que imos celebrar tamén gardaremos un minuto de silencio en recordo de Cristina Cabo e como condena polo acontecido”.
Por outra banda, as plataformas feministas chaman ás mobilizacións que este xoves se celebran na comarca. En Ribadeo na Praza 8 de marzo, e en San Cibrao na Praza da Casa da Cultura, nos dous casos ás 20:30h.