Xove, 9 de decembro, 2.022. O próximo día 14 de decembro as 11:30, terá lugar na aula de formación da OMIX de Xove, unha charla informativa organizada por CEAFA (Confederación española de asociacións de persoas con Alzheimer e outras demencias), CINFA, AFA Viveiro en colaboración co Concello.
Aabordaranse diferentes temas como en que consiste a enfermidade de Alzheimer, os síntomas das persoas afectadas, a importancia do papel do coidador e as directrices máis importantes para coidarse e coidar mellor.
Informarase dos recursos sociais e servizos que existen actualmente para as persoas que padecen a enfermidade.
Esta charla está dirixida aos coidadores de persoas con Alzheimer e outras demencias, e a todas as persoas que están relacionadas e interesadas co tema. As persoas interesadas en asistir deberán anotarse nos Servizos Sociais Municipais chamando ao teléfono 982592001.