“Mis Recuerdos” recolle 18 cancións que teñen un significado moi especial para esta cantante mexicana afincada en Ribadeo
A cantante, afincada en Ribadeo desde hai décadas, levaba moitos anos apartada dos escenarios ata que fai tres participou no programa de Antena 3 “La Voz Senior”. Agora quixo gravar un disco en homenaxe á súa familia, para deixar un pequeno legado sobre ela.
Nel recolle algunhas pezas musicais que marcaron a súa vida, coas que sente identificada e que dedica aos seus familiares. Especialmente a aqueles que ten no seu México querido.
Por iso realiza tamén este concerto-presentación para o que ten preparados oito temas do seu CD que interpretará en directo para o público que asista a unha gala que é gratuíta.
No evento asinará discos aos interesados e unha parte das vendas do CD destinarase á AECC.