Site icon Crónica3.com A Mariña

Atopan un traballador falecido nunha obra en Foz

Foz, 31 de decembro, 2022. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos pasadas as 00:10 horas, cando o persoal dos servizos sanitarios solicitou a colaboración das forzas da orde.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibira o aviso de que un operario non volvera ao seu domicilio despois de traballar nunha obra situada no Campo da Cabana, en Foz. Foi entón cando se desprazaron ata o lugar para prestar asistencia ao implicado, aínda que finalmente só puideron certificar o seu falecemento.

Os xestores do 112 deron aviso aos axentes da Garda Civil, que traballan para esclarecer as circunstancias do suceso.

Exit mobile version