As laranxas gañaron 3-4 despois da prórroga e con moito fondo.
Burela, 6 de deceembro, 2022. Esta mañá, ás 12.30 horas (nun principio estaba previsto para as 12.00 horas, pero por problemas no pavillón Jara Carrilo tívose que cambiar o lugar do partido e disputouse no Pabellón Fausto Vicent, orixinando un retraso de media hora), disputouse a 3ª eliminatoria da Copa da Raíña en Alcantarilla (Murcia), onde o LTBL Futsal Alcantarilla demostrou a súa tenacidade consiguindo chegar á prórroga contra as actuais campeoas da competición.
Un partido moi disputado, moi físico, con moitas oportunidades para o CD Burela FS, comeza cun gol de Emilly no minuto 3, e aínda que parece que o CD Burela FS ía continuar metendo 2 ou 3 goles para proporcionar esa tranquilidade á que nos teñen acostumados, o equipo local, que non tiña nada que perder, apretou ás laranxas durante todo o encontro conseguindo manter o resultado igualado ata o final da primeira parte da prórroga. A partir do gol de Emilly as laranxas seguiron demostrando o seu ben saber facer pero non estiveron moi acertadas, xerando numerosísimas ocasións pero non dando no cravo. No minuto 14, Melli consegue o 1-1 xerando tensión ao CD Burela FS e propiciando esa falta de tino que ás veces se pode ter e pode condicionar o partido. Despois do descanso, ao que se van 1-1, no minuto 23, Peque anota o 1-2 pero pouco despois Marta de los Riscos, no minuto 28 volve a igualar o resultado 2-2 co que acaba o encontro tendo que ir á prórroga.
Ao final da primeira parte da prórroga Emilly mete o 2-3 co que acaba o encontro e, sendo xustos pola superioridade durante todo o partido, outorgándole ao equipo laranxa o pase á siguiente ronda da Copa da Raíña.
Despois dun partido de infarto, as xogadoras do CD Burela FS volven á casa contentas e moi cansas trais o gran desgaste sufrido esta mañá en Murcia. Ademáis da viaxe, foron cunha rotación menos, debido á falta de Dany, algo moi notable á hora de rendir en pista. O adestrador Julio Delgado felicita a todas as xogadoras “darlles a noraboa a todas as xogadoras porque hoxe currárono pero ben currado” despuois dun partido longo no que todas o traballaron moi duro e algunhas tiveron que xogar toda ou case toda a segunda parte, máis a prórroga. Outro gran mérito para o equipo laranxa.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: Caridad (P), Cilene, Peque, Jenny, Emilly, – cinco inicial- , Claudia, Antía Pérez, Irene Samper, Patricia y Jozi Oliveira (P).
LTBL Futsal Alcantarilla: Ana Romero (P), Elisabet Carrasco Bonet, Raquel Martínez Sadoc, Marta de los Riscos, Ana Belén Egea Fernández, – cinco inicial, Miriam Zamora Ros, Ana María Pino Cabrera, Irene Franco Castillo, Carla Ayensa Arano, Melli, Elena García Martos, Paula Cartagena Ceballos, Iraia Romero Bilbao.
Goles: Min.3 Emilly 0-1; Min.14 Melli 1-1; Min.23 Peque 1-2; Min.28 Marta de los Riscos 2-2; Min.40 Emilly 2-3.
Equipo Arbitral: Antonio González Blaya, Antonio Nicolás Navarro, Hertor González García.