Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do CEIP Virxe do Carme achegouse á Burela histórica coas monitoras de Gaia

Burela, 14 de decembro de 2022. Esta mañá as monitoras de Gaia estiveron cos alumnos e alumnas de 3° de primaria do Ceip Virxe do Carme de ruta por Burela, “facendo unha andaina que nós denominamos Burela Histórica, na que visitamos o castiñeiro centenario, a igrexa da Vila do Medio, a fonte e o lavadoiro de Lamela e un hórreo”.

As monitoras de Gaia contan que “con este percorrido explicamos aos rapaces como era Burela nos séculos XV, XVI, XVII… ata os nosos días, cal era a base da nosa economía, a noso pobo que contaba cun importante porto baleeiro, a agricultura de subsistencia, a función dos hórreos, como e onde lavaban a roupa as mulleres, etc”.

Exit mobile version