Este Concurso presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; veteranos para maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén se pode enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así se solicita.
A inscrición neste Concurso é gratuíta e xa está aberta. Pode facerse de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade.
Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 29 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (venres 30), en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal.
En canto aos premios do Concurso, hai 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS
Peques
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Junior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 €uros en premios en metálico. É importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo para dar facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove.