Os responsables autonómicos felicitaron á entidade ribadense por impulsar na comarca o deporte náutico, con grande potencial en Galicia, e reafirmaron o compromiso da Administración galega co fomento do deporte, con programas de axudas como os destinados a clubs e entidades deportivas para contribuír a desenvolver a súa actividade e adquirir equipamento, que o ano pasaron supuxeron a distribución de 266.500 euros na Mariña.
Tamén avanzaron que en breve se resolverá a segunda convocatoria de subvencións de 2022 para comprar equipamento, dotada con preto de 4 millóns de euros, que se suman aos case 700.000 xa aprobados este ano. Apuntaron que hoxe precisamente o DOG publica a resolución de solicitudes admitidas, inadmitidas e os prazos de emenda.