Maite Ferreiro: “a iniciativa promove a presenza de tradicións propias na representación do Nadal”
Lugo, 13 de decembro de 2022. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, é a encargada de presentar as crianzas esta personaxe, un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.
A súa historia trasmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década, asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.
As primeiras visitas recibíronas esta mañá no CEIP Nº º de Foz e no CEIP da Pontenova, e continuarán durante as tres vindeiras semanas, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín, Lugo, Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, Carballedo, A Pastoriza, Begonte, Pol, A Fonsagrada, O Saviñao, Riotorto, Lourenzá e Vilalba
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “un ano máis poñemos en marcha este calendario de visitas co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.
O espectáculo
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.
Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.
Calendario
Martes, 13 de decembro
A PONTENOVA
CEIP da Pontenova
FOZ
CEIP Nº 1 de Foz
Mércores, 14 de decembro
PORTOMARÍN
CEIP Virxe da Luz
Xoves, 15 de decembro
GUNTÍN
CPI Tino Grandío
LUGO
Antiga Escola de Barbaín. Semente Lugo
Venres, 16 de decembro
CHANTADA
CEIP San Xoan de Requeixo
Sábado, 17 de decembro
TRIACASTELA
Fonte do Lunar
OUROL
Local Social de Bravos
Domingo, 18 de decembro
ALFOZ
Casa da Cultura
RIBADEO
Praza 8 de marzo
Luns, 19 de decembro
O INCIO
CEIP Ricardo Gasset
LUGO
CEIP As Gándaras
Mércores, 21 de decembro
PANTÓN
CEIP Monte Baliño
LUGO
CEE Santa María
Xoves, 22 de decembro
SARRIA
Escola Educación Infantil Xela Arias
O PÁRAMO
CEIP do Páramo
SAMOS
CEIP de Samos
Venres, 23 de decembro
CARBALLEDO
Punto de Atención á Infancia
Sábado, 24 de decembro
A PASTORIZA
Salón de Actos do Concello
Luns, 26 de decembro
BEGONTE
Telecentro
POL
Escola de Cirio
Mércores, 28 de decembro
A FONSAGRADA
Os Chaos
Xoves, 29 de decembro
O SAVIÑAO
Auditorio Municipal de Escairón
RIOTORTO
Centro Sociocultural Avelino Díaz
LOURENZÁ
Salón de Actos do Concello
Sábado, 31 de decembro
VILALBA
Casa Escola de Román
Luns, 2 de xaneiro
CARBALLEDO
Campo da Feira de Castro
LUGO
Escola de Pías