O Alcalde, Darío Campos agradeceu o agasallo realizado polos alumnos deste centro ao concello, “nunha vila que conta con tanta tradición no mundo do ferro é un verdadeiro privilexio contar con esta pequena obra de soldadura. Estou moi orgulloso do traballo destes estudantes, agora podemos comprobar e ver con ledicia que este oficio segue tendo futuro”.
A árbore que mide preto de 5 metros, está realizada polos 12 alumnos da primeira promoción do curso de FP dual de soldadura e caldeiraría que se imparte no Instituto Enrique Muruais da Pontenova. O material coa que se construíu a árbore é ferro, aluminio e aceiro inoxidable. Para o ano esperan que siga medrando e facelo máis grande.