Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo en Foz ao presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación

Foz, 31 de decembro, 2022. A Garda Civil detivo en Foz a un veciño desta mesma localidade de 25 anos como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa nunha estación de servizo.

A persoa detida atópase ingresado no hospital da Mariña para ser intervido cirurxicamente polas lesións sufridas nunha extremidade inferior na fuxida do lugar dos feitos.

No operativo policial investígase a presunta conexión entre este feito delituoso e o roubo con intimidación ocorrido na mesma gasolineira o mes pasado.

A persoa detida é posta a disposición xudicial.

Exit mobile version