O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu xunto á Alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e outras autoridades á entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte, que recibiu a cervense Irene Rega coa obra Tecendo Redes. Durante o acto, que tivo lugar este venres no Teatro Pastor Díaz da cidade do Landro, tamén se recoñeceu a Francisco Antonio Vidal Blanco, coa súa obra As cartas do desarraigo. García Pernas felicitou a ambos autores polo traballo e recoñeceu a importancia de poñer en valor a cultura para difundir o patrimonio e a lingua.