Nun partido adicado á “NON violencia de xénero” as laranxas gañaron 8-0 ao FSF Móstoles rematando o encontro con cuatro xogadoras do equipo cadete e xuvenil en pista, Dasha, Claudia, Sonya e Masha
Burela, 3 de decembro, 2022. Goleada esta tarde no pavillón Vista Alegre de Burela nun partido celebrado ás 18.30 horas e adicado ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, en apoiando a campaña da Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, “NON á violencia de xénero”. Para a difusión desta mensaxe creouse un cartel adicado para o encontro e celebrouse un acto previo ao partido onde as xogadoras do CD Burela FS, o presidente do club Manuel Blanco Fanego e a vicepresidenta primeira Cesarina Fanego Mon saíron a media pista cunha pancarta co logo oficial da campaña, pola loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida. (Foto incluída no enlace)
Na primeira parte Jenny mete o 1-0 no minuto 2 e de novo no 3 o 2-0. Estes dous goles “dan tranquilidade ao Burela FS para logo afrontar o partido con moitas garantías” e fan moito dano ao FSF Móstoles que a partir de aí non acada o ritmo do equipo burelés. Antes do descanso Antía encaixa dous goles, o primero no minuto 10 e o segundo no 18 e entre eles Emilly suma o 4-0 no minuto 16. O CD Burela FS chega ao descanso cunha ventaxa de 5-0.
Na segunda parte, aínda que o FSF Móstoles non se rinde e apreta máis ao Burela, creando máis oportunidades que as guerreras naranjas defenden con traballo e “unha actitude de 10”. De novo Jenny, Irene Samper e Patricia suman 3 goles máis ao marcador que no minuto 36 se queda en 8-0 ata o final. Nos últimos minutos do encontro o entrenador Julio Delgado decide dar un pequeno descanso ás xogadoras que este martes se enfrontan ao Futsal Alcantarilla na Copa da Raíña e á vez premiar e animar ás próximas xeracións deixando os últimos minutos para Dasha, Claudia, Sonya e Masha xuntas, que “sufriron os 2 minutos pero así é como se empeza, sufrindo e sabendo o que é estar ahí”.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: Caridad (P), Cilene, Peque, Jenny, Emilly, – cinco inicial- Claudia, Antía Pérez, Dasha, Irene Samper, Masha, Patricia, Sonya e Jozi Oliveira (P).
FSF Móstoles: Silvia GM (P), Forsiuk, Inma, Benete, Celia, Hrytsenko, Ampi, Montufo, Silvia Carral, Rafinha, Lucía Melcon, Ari (P).
Goles: Min.2 Jenny 1-0; Min.3 Jenny 2-0; Min.10 Antía Pérez 3-0; Min.16 Emilly 4-0; Min.18 Antía Pérez 5-0; Min.21 Jenny 6-0; Min.34 Irene Samper 7-0; Min.36 Patricia 8-0.
Equipo Arbitral: Roberto Segundo Amor Vizoso, Borja Darriba Villamor, Tania María Penabad Canel, María López López.