O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo chega con Aquí como en Viena, un concerto típico destas datas que non pode faltar. O ano pasado tivemos que cancelalo polo motivo ben sabido por todos: o alto número de contaxios de Covid que había na nosa vila. Pero este ano estamos de volta con moitas ganas. Como todos os anos, este concerto estará dividido en dúas partes: a primeira cun repertorio moi ameno e variado e a segunda que xa nos traslada a Viena, con pezas da familia Strauss e algunha sorpresa”.
David Ballester convida á xente a que se achegue o xoves 29 de decembro ás 20:30 horas ao auditorio Hernán Naval “e que disfruten deste concerto Aquí como en Viena da Banda de Música Municipal de Ribadeo”.