Os integrantes da asociación acudiron ao concello para felicitar as festas cun persoal agasallo
Cervo, 30 de decembro de 2022. O rexedor Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, recibiron aos integrantes da Asociación Saúde Mental da Mariña para a súa tradicional felicitación do Nadal.
Os membros da asociación quixeron acudir persoalmente ao concello para felicitar estas fechas tan sinaladas a través dunha postal propia do Nadal e un agasallo dun estilo semellante aos habitualmente elaborados dentro das actividades do centro.
Todos eles puideron desfrutar dunha agradable charla co alcalde e, ademáis, recibiron o xa tradicional calendario que o Concello de Cervo está a repartir polo municipio para este novo ano 2023.