Reunidas na área recreativa do monte Pousadoiro en Castropol, cunha panorámica impresionante de toda a comarca, achegáronse a entender a magnitude da transformación que se pretende da nosa paisaxe da man das diferentes asociacións veciñais que están a posicionarse fronte ó expolio eólico.
A maiores de enumerar a ubicación dos polígonos eólicos previstos, explicaron os danos para a saúde, o medio e a economía local de aeroxeradores, liñas e pistas de acceso, e argumentaron a inviabilidade material e económica dunha transición orientada a manter un nivel imposible de consumo enerxético predominantemente urbano a costa da destrución do rural.
No período da tarde, se discutiron posibilidades de como ISF podería contribuir, tanto a nivel técnico (na análise técnica e/ou definición de alternativas ao modelo extractivista actual) como a nivel divulgativo (a través de artigos en prensa ou coa posibilidade de organizar visitas e obradoiros en escolas técnicas de enxeñería e institutos), así como a nivel de incidencia política.