A xornada transcorreu chea de momentos para manter na memoria como o feito de que por primeira vez levouse a cabo un ‘Showcooking’ en directo, de Lucas Requejo e coa merluza do pincho coma produto estrela.
A alcaldesa María Loureiro, xunto ao tenente de alcalde Jesús Fernández e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, foron os representantes do concello nunha xornada que comezou coa intervención da alcaldesa, na que puxo en valor a oferta turística da comarca, o seu amplo programa cultural e festivo ao longo do ano e a súa gastronomía.
“A nosa gastronomía está chea de produtos recoñecidos pola súa calidade e a súa tradición. Temos o noso Pan dos Apóstoles, un doce típico de Semana Santa que convido a probar a todos no noso stand da feira… e temos, como non, a nosa merluza do pincho, protagonista tamén doutra das nosas festas, declarada de Interese Turístico en Galicia”, suliñou María Loureiro.
Deseguido comezou unha degustación gratuíta destes pratos típicos de Viveiro, para dar paso ao ‘Showcooking’ a cargo de Lucas Requejo. Baixo o epígrafe ‘ADN Gastronómico de Viveiro’, o investigador e divulgador de Ecogastronomía amouso as virtudes e as diferentes formas de preparar o produto estrela da mariña lucense.
“Queremos dar as grazas ao Porto do Celeiro que nos doou as merluzas e á Asociación Penalba pola súa colaboración”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.
Viveiro conta cun stand propio na 23ª edición Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2022 no que difunde material de promoción turística e os folletos remitidos polos establecementos hostaleiros do municipio.
Tamén o stand sirve de punto de encontro con turoperadores e profesionais do sector, xunto co público en xeral.