O acto comezará na tarde do día de hoxe, venres 11 de novembro, coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a estas sesións. Mañá comezarán as xornadas, nas que intervirán unha ducia de expertos ao longo dos dous días.
O domingo haberá espazo para coñecer, a través de dúas conferencias, as peculiaridades dos barrios pesqueiros de Viveiro e a restauración do pecio da Magdalena, exposto no Museo da Construción Naval de Ferrol.
As xornadas convertéronse xa nun punto de encontro de arqueólogos, historiadores e afeccionados.