Viveiro, 24 de novembro, 2022. Este Venres volve o Vivemar para as escolas de Viveiro. 171 alumnos dos centros educativos recibirán aos proxectos Educación Azul e La España Azul no IES María Sarmiento para apostar polo mar como seña educativa.
4 centros serán os encargados de apoiar as dúas iniciativas. CEIP SANTA RITA GALDO (36 alumnos 5º e 6º Primaria), CPR LANDRO (52 alumnos 4°,5° e 6º Primaria), IES MARÍA SARMIENTO (26 alumn@s de 2º ESO A) CEIP COVAS (57 alumnos 4°,5° e 6º Primaria)
Programación para o encontro educativo
10:00-10:25 Charla con Nacho Dean ao alumnado de 4°,5° e 6o de primaria e secundaria (Salón de Actos do IES María Sarmiento)
10:30-10:45 Explicación da limpeza colectiva da praia de Covas (formación equipos, reparto bolsas e luvas) (Parque Pernas Peón)
10:45-11:45 Recollida de residuos e probas para investigación (Praia de Covas)
11:45-12:30 Categorización dos residuos e reflexión conxunta para continuar nas aulas (Parque Pernas Peón)
13:00-13:50 Presentación do proxecto EDUCACIÓN AZUL ao equipo directivo/profesorado dos centros de Viveiro, co obxectivo de formalizar a Red Nacional de Educación Azul de centros con sello azul, onde Viveiro será pioneiro. Interveñen: Asoc Prato_do, Equipos de Educación Azul (Sala Multiusos do Concello de Viveiro)
Nacho Dean está a capitanear a expedición científica y divulgativa navegando a vela por toda a costa de España baixo o lema de “Explorar, Aprender y Proteger”, e a súa primeira arribada en Galicia será en Viveiro.