Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita ao CEIP de Cervo

Cervo, 9 de novembro, 2022. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, achegáronse esta mañá ata o CEIP de Cervo, para participar no acto de benvida a 8 profesores procedentes dos CEIP Arias Montano (Badaxoz), CEP Antonio de Ulloa (Cartaxena) e do CEIP Doctor Juan Espino Sánchez (As Palmas), que participan, co CEIP DE Cervo, no programa do Ministerio de Educación “Agrupacións de Centros Educativos”.

O recibimento tivo lugar na biblioteca do centro e Villares e Caramés fixéronlles entrega dun pequeno obsequio de recordo do concello e convidáronnos a que desfrutaran da súa estancia estes días no municipio.

O proxecto común, para o que resultou seleccionado o CEIP de Cervo, e que arrinca con estas xornadas de acollida de coordinación neste centro escolar, desenvolverase durante este curso e o seguinte, e ten entre os seus obxectivos favorecer a educación inclusiva e a innovación educativa, impulsando intercambios entre os centros.

O rexedor e a concelleira aproveitaron a ocasión para felicitar ao CEIP de Cervo por ser un dos centros seleccionados para formar parte deste innovador programa “que vén engrosar o nutrido currículo educativo deste colexio que é todo un referente no seu ámbito”.

Exit mobile version