Antes da Asemblea abrirase unha mesa de captación de afiliados, que estará instalada no mesmo centro sociocultural de 11:00 a 12:00 horas
Coma en citas anteriores, antes da Asemblea Xeral abrirase unha mesa de captación de afiliados que estará instalada no mesmo Centro Sociocultural de 11:00 a 12:00 horas.
Desde a Dirección Executiva recórdase que, para poder votar na Asemblea, será necesario estar ao corrente de pago da cota de militante. Ademais, aqueles simpatizantes que desexen participar e votar nas discusións da Asemblea Xeral deben primeiro afiliarse ao partido como militantes.
Segundo indican desde a Dirección Executiva, os afiliados que queiran que algún asunto do seu interese se eleve ante a Asemblea Xeral, poden envialos ao correo vialfoz@gmail.com, para ser incluído, na orde do día. Ademais, os afiliados que o desexen, ou que non podan asistir de forma presencial, poden enviar os seus rogos e preguntas para que sexan tratados na propia Asemblea.
Toda a información da asemblea estará colgada na web www.vialfoz.com/iii-asemblea-xeral-via-alfoz.
Tras a Asemblea Xeral, VIA Alfoz celebrará unha comida de irmandade á que poderán asistir todos os afiliados, tanto militantes como simpatizantes, así como os acompañantes que o desexen, sexan afiliados ou non. A comida está programada para as 15:00 horas no Restaurante O Frenazo. Os interesados deberán comunicalo a calquera membro da actual Dirección Executiva ou no correo vialfoz@gmail.com.