Ribadeo, 19 de novembro de 2022. O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús acaba de ser recoñecido como Centro Referente en Dereitos da Infancia e da Cidadanía Global.
Na súa resolución Unicef explica que “ser reconocido como centro referente en Educación en Derechos de Infancia implica un vínculo mediante el cual el centro educativo, junto con el programa de Educación en Derechos de UNICEF, promueve la educación en derechos de infancia como eje vertebrador de una educación transformadora capaz de dar respuesta a las necesidades y compromisos que requiere el ejercicio de la ciudadanía global en la sociedad actual. El objetivo fundamental del programa es situar a cada infancia y a sus derechos en un lugar destacado de la vida escolar, guiándose por los principios de inclusión, equidad, solidaridad y calidad. Del mismo modo, el enfoque de la Educación en Derechos busca contribuir a dotar a la enseñanza de las dimensiones de globalidad e interdependencia, características del mundo actual e imprescindibles en la formación de las niñas, niños y adolescentes como ciudadanas y ciudadanos globales”.
A xefa de estudos do centro ribadense Sagrado Corazón de Jesús, Begoña Sanjurjo, destaca que “só hai 9 colexios en todo Galicia con este recoñecemento e nosoutros estamos no nivel 1 agora mesmo. Así estaremos durante dous cursos e despois poderemos optar a subir ao nivel 2 e ao nivel 3. É un recoñecemento que se basea en que estamos comprometidos cos dereitos de participación do alumnado na vida escolar. Guiámolos na toma de decisións a través de principios de inclusión, de equidade, de solidariedade, de sustentabilidade do planeta e de calidade”.
Begoña Sanjurjo explica que “para conseguir este recoñecemento tivemos que pasar unha especie de auditoría en catro ámbitos, que eran os coñecementos dos dereitos da infancia polo noso alumnado e pola nosa comunidade educativa, a participación infantil e adolescente, o entorno protector que se ten no centro e o clima escolar. Dentro destes ámbitos tivemos que explicar como funcionamos e a partir de aí Unicef emitiu un informe e deunos o recoñecemento nivel 1 polo que estamos encantados porque parécenos que é algo que fai que os nenos vexan que co seu traballo eles poden cambiar o mundo, que son importantes para a toma de decisións e que necesitan saber como deben tomalas, tendo en conta en conta todas as cousas que os rodean, o que coñecen e como vai ser o futuro. Estamos moi contentos e seguimos traballando para poder chegar ao nivel 2 dentro de dous anos, aínda que é un esforzo moi difícil”.
Este recoñecemento afecta a todo o alumnado do colexio, formado por case 500 estudantes de Infantil, Primaria e Secundaria.