O 112 Galicia foi alertado ás 20 horas da tarde de onte polos Bombeiros de Barreiros, que á súa vez recibiran a chamada dun particular que se atopaba no albergue. Este lles indicara que estaba a arder unha cheminea no interior, e confirmou que ninguén resultou ferido.
Ao fío das 21:10 horas, os servizos de extinción confirmaban a extinción do incendio e procedían a ventilar o edificio, no que arderon dúas habitacións de andares diferentes, e o fume afectou ao tiro da cheminea e aos chans do primeiro piso e do faiado.
Ademais dos Bombeiros de Barreiros, tamén participaron no operativo a petición do 112 os axentes da Garda Civil, o GES da Pontenova e Protección Civil de Lourenzá.