O seu presidente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “camiñamos 16 quilómetros dende Cabo Ortegal a San Andrés, foi unha ruta dura, xa que mesmo ao saír de Cabo Ortegal nos encontramos con ramplas dun 15% de desnivel”.
Gómez Puente destacou “as paisaxes verdes de pura natureza e sempre contemplando ante nosoutros os impresionantes acantilados de A Serra da Capelada, así como a Punta do Limo, que dan acubillo á mítica poboación de San Andrés de Teixido e ao seu lendario santuario. A altura máxima é representada por o alto de Vixía Herbeira con 613 metros de altura, converténdose nos acantilados máis altos da Europa Continental. Foi unha ruta que espertou en nos un clima alegre e solidario”.
O presidente de Camiñantes e Camiños engadiu que “acabamos cunha misa do cura párroco de San Andrés de Teixido, nacido na Mariña Lucense, no concello de Lourenzá. Transmitiunos que San Andrés é un lugar máxico, un lugar de peregrinacións, xa os celtas viñan a este lugar. Para rematar compartimos unha comida saborosa e nutritiva no restaurante Brisas de Valdomiño”.
José Manuel Gómez tivo palabras de agradecemento “para todos os que fixeron posible esta peregrinación: Empresa Dorado, restaurante As Brisas de Valdomiño, cura párroco de San Andrés, Antonio Rúa, e a todas e todos os participantes”.