Site icon Crónica3.com A Mariña

Restaurado o lavadoiro de “Rego de María Canoura” en Morás

Xove, a 11 de novembro de 2.022. A obra consistiu na restauración co obxeto de dar servicio ao núcleo rural de Aldea de Abaixo na parroquia de Morás, e integralo na súa contorna, aproveitando para substituír as planchas de fibrocemento con amianto, existentes na actual cuberta.

A obra comezou cunha serie de demolicións das partes máis deterioradas, continuou coa colocación de tubaxes de drenaxe e un colector de saneamentos pluviais, e para rematar realizouse o paredado dos 4 piares con pedra granítica, construíronse muros perimetrais e outros elementos con mampostería de pedra granítica, cubríndose o conxunto cunha cuberta a catro augas, con vigas, pontóns de taboleiro de abeto laminado, cuberto o conxunto con lousa e cumbreira de tella cerámica. Todo o conxunto foi construido con materiais que se integran perfectamente na contorna.

Con esta obra o Concello continúa coa recuperación dos lavadoiros e das vellas fontes parroquiais, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo a contorna para facilitar o seu uso por parte os veciños.

Os lavadoiros e as fontes, dos que en Xove aínda se atopan nun bó número, son elementos importantes da nosa arquitectura tradicional, de aí que sexa importante a súa recuperación e posta en valor por parte das administracións.

A obra foille adxudicada á empresa Construcciones y Canalizaciones Joser Saa S.L. por 30.110,28 €. Englobouse dentro dos Fondos de Compensacion Ambiental da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.569,60 € da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia 1ª da Xunta de Galicia. A restante financiación correo a cargo do Concello.

Exit mobile version