O Valadouro, 11 de Novembro de 2022. Edmundo Maseda, Alcalde de O Valadouro, diante o comunicado da oposición (unida) do 9 de novembro do 2022, quero manifestar:
1º.- As “reunions cos portavoces” como lle chama esa especie de “cooperativa de oposición”, son oficialmente: Xunta de Portavoces, as que foi invitada a Concelleira “tránsfuga” por cortesía da Alcaldía, pois non lle corresponde como Concelleira non adscrita, a que agora chama “compañeiros” os outros membros da oposición. Cando estaba no goberno, tiña outro nome para eles. (sen comentarios).
De estas Xuntas de Portavoces, as que asiste @ secretario-interventor, levántase Acta, que é pública e pode vela todo o mundo.
Na primeira Xunta de Portavoces, na que se presentou o suplemento nun único documento, como é habitual, a oposición exise o desglose do mesmo en partidas, para estudialo partida por partida (partida presupuestaria). Fixeronse 18 expedientes, desglosados e informados pola Interventora.
Na segunda reunión a oposición analizou un por un os 18 expedientes, e como consta na Acta da sesión, despois de eliminar os elementos cos que non estaban conformes, reducíronno a 13 expedientes, expostos un por un pola propia oposición, e así se acordou, e así mesmo foron levados a Pleno para a sua aprobación definitiva. Que urxía polo pago de nóminas.
Cando din “estar alí ata as once da noite” no caso de Fina Geada é curioso, pois xa estivo ata as 11 da noite negociando con BNG, asinou o acordó e ao día seguinte desmarcouse. Parece que o ten coma costume. Palabr, ningunha.
2.- No tema do Pleno extraordinario, era lóxico despois do acordo da xunta de portavoces. Si non o querían así, podían simplemente decilo, e retrasábase ao dia 3, sen haber dado semellante espetáculo no seo dun organismo oficial. Lamentable, e de moi baixo perfil.
3.- Non é admisible por esta Alcaldía que digan que se inflan as partidas. Os expedientes de suplemento, os 18 expedientes están informados por Secretaría e por Intervención, cos datos reales dos orzamentos, que constan no programa de contabilidade. Decir esto e poñer en dúbida a honestidade e profesionalidade da Secretaria-interventora do noso Concello, cousa que desaprobó rotundamente.Aprobeito pa agradecer públicamente o traballo da Secretaria, exaustivo, minucioso e detallado dos 18 expedintes ( 36 en realidade, por levar informe de secretaría e outro de intervención ) todo elo, en tempo record.
4.- Os orzamentos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) os prepara anualmente a traballadora social e aprobanse no “Plan Concertado” coa Xunta. Datos reales e contrastados. Non serviría de nada inflar as partidas como di Fina Geada. Ese diñeiro non pode ir a outra parte, a partida de Servicios Sociale non vincula con ningunha outra. Esto deberiano saber todos, dende sempre. Como tampouco vincula a de gastos de persoal (os salarios) de aí non se pode sacar pa ningún outro gasto. Como tampouco vincula Educacion e Cultura ou Deportes con a partida de Inversions. Unha cousa son gastos e outra inversions. Deberian sabelo.
5.- É totalmente falso que se fixeran incorporación de remanentes en Xuño. Os remanentes (os aforros) solo se poden incorporar en Pleno mediante Suplemento de Crédito. Por sorte todolos Plenos do Valadouro transmitense en direto, grávanse e súbense ás redes. Poden velos todos os veciños. NON HAI NINGUN PLENO DE INCORPORACION DE REMANENTES (SUPLEMENTO DE CREDITO). Nin en Xuño nin nunca. O que se fixo en Xuño foi volcar os datos do orzamento novo (aprobado con moción de confianza) no que estaba en uso, o sea, o prorrogado do 2017, e trátase de cantidades de gastos comprometidos do exercicio anterior, non remanentes, non aforros. Xa se lles explicou, e siguen “groña que groña”. Por eso digo que si que sería necesario un cursiño, a ver se o entenden dunha vez.
6.- En canto a gastar e despilfarrar, como o dixen no Pleno, non é certo. Todos cometemos erros, “non se equivoca o que nunca nada fai”, pero non son tan mal xestor como me pintan, estes. Os datos reais, os feitos, din que un servidor colleu o Concello con deuda (140.000) máis 460.000€ que tivemos que devolver de licencias de obra que non chegaron a executarse, pero que os anteriores gobernantes tiñan gastado. Hoxe o Concello do Valadouro, non só non ten deuda, senón que ten aforrados 1 MILLON DE EUROS, para invertir neses temas pendentes, que non podo finalizar por ter as mans atadas gobernando en minoría e cunha oposición mais preocupada en tumbarme a min, que en loitar polo Concello.
Que todo esto veña de Mª José Fernandez y “su testaferro” (UDIVAL), non me sorprende. Que decir, todos os coñecemos. SIN COMENTARIOS
De quen si me sorprende é do PP. Unha organización con vocación de gobernar, un partido con estructura con medios de asesoramento… e que se deixe manipular por unha concelleira tránsfuga, parece mentira. A caso o PP de Valadouro, que xa non só non fai nada, porque nestes 4 anos non fixo absolutamente nada por este Concello, pero que chegue o punto de non ter criterio propio, deixarse mangonear por unha traidora, en fin… como se soe dicir: “dime con quien andas y te diré quien eres”.
E de Fina Geada, que dicir? Pois primeiro pedir perdón a todos os veciños que votaron a nosa Candidatura. Síntome culpable por ter chamado a esta persoeira. Defraudoume totalmente. Realmente pensei que era outra persoa. Estou vendo dia a día que tiñá razón o BNG cando dicían que non era de fiar. Xa non foi unha vez, nin dúas, nin tres, e que calquera cousa que se acorde con ela hoxe, mañá vai aparecer decindo o contrario. Sin palabras, bueno… máis ben SIN PALABRA.
Agora parece afanada en propiciar todo tipo de tormentas políticas, cantas máis mellor. Pero por moitas tormentas, por moito que chova, por moita auga que caia, Fina Geada está tan manchada, que non hai auga que a lave. Ata tivo a desfachatece de ir asesorarse, ou pretendía, ao Concello veciño de Alfoz. Vamos… “PA`VERNOS MATAO”
Sempre ntendín a disputa política como un mal necesario, dentro da lexitimidade que nos outorga a diferencia de opinión, a libertade de expresión, a ideoloxía política, etc. Pero tamén entendo que os que ostentamos un cargo político, fomos elexidos pa defender os intereses dos votantes, os que nos votan e os que non nos votan tamén, é dicir: o interese Xeral. Por desgraza vexo díaa a dáa que esa vocación cada vez é mais e máis escasa. So poido decir: “mi mas sentido pésame” aos cidadáns, que son os que o padecen.
Edmundo Maseda Maseda
Alcalde de O Valadouro