Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron en Ribadeo as I Xornadas de Internacionalización da FP, que organizou Apaga

Ribadeo, 21 de novembro de 2022. Cunha cea con representantes de empresas da comarca remataron as I Xornadas de Internacionalización da FP, que organizou Apaga e que se celebraron en Ribadeo desde o pasado mércores.

Os técnicos chegados de Turquía e de Croacia para participar nesta convocatoria puideron compartir as súas experiencias coas empresas participantes e tamén cos centros de ensino que visitaron ao longo destes días.

Á cea do sábado asistiron os deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Daniel Vega, que acompañaron a Sandra Gómez, responsable de proxectos de Mobilidade Erasmus + de Apaga, e ao presidente da asociación, Álvaro Doural.

Desde Apaga fan un balance positivo deste evento: “porque nos serviu para intercambiar experiencias entre a nosa FP e as empresas desta zona con técnicos de empresas croatas e turcos. Todo o que poidamos aprender uns dos outros para levalo aos nosos sistemas educativos e produtivos é moi importante”.

Os técnicos turcos e croatas coñeceron da man de Apaga diferentes enclaves turísticos da Mariña Lucense e tamén Santiago de Compostela.

Exit mobile version