Site icon Crónica3.com A Mariña

Rapazada de Viveiro asiste ao X Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia

Viveiro, 15 de novembro de 2022. Sete rapazas e rapaces viveirenses viaxaron hoxe ata Santiago de Compostela, onde formaron parte da 10ª edición do Foro de Participación Infantil celebrado no Parlamento de Galicia. Acompañáronos a concelleira de Benestar Social, Victoria Bamonde, e a voceira do Consello Xuvenil de Viveiro, Lorena Mera.

Mera reivindicou ante representantes de todos os partidos políticos a necesidade de normalizar as problemáticas relacionadas coa saúde mental, destacando a necesidade de establecer unha presenza de especialistas psicolóxicos e clínicos adaptada á demanda, tanto nos Centros de Saúde, coma nos Centros Educativos.

“O Concello de Viveiro agradece publicamente a UNICEF a organización deste foro, que brinda ás rapazas e rapaces un espazo no que achegar as súas preocupacións e propostas. Finalmente, mencionar a participación de Lorena Mera, técnica de xuventude implicada neste proxecto e asistente ao encontro en Santiago”, destaca Victoria Baamonde, Concelleira de Benestar Social de Viveiro.

Exit mobile version