Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da novela ‘A montaña do poeta’, de Lionel Rexes

Esta obra foi galardoada co Premio de Novela “Lueiro Rey” do Concello do Grove o pasado ano, e publicada pola editorial Xerais a comezos de setembro. Lionel Rexes xa obtivera este mesmo premio en 2017 pola novela ‘A raíña das velutinas’. A cita é o sábado, 3 de decembro ás 19:00 h. no salón de actos da casa da cultura de Alfoz. Intervirá, ademais do propio autor, o descendente de Noriega Varela e estudoso da súa figura, Pepe de Noriega. Durante o acto poderán adquirirse exemplares da novela. Ao remate, o autor asinará o libro a todos os asistentes que así o desexen.

Exit mobile version