Tamén hai que ter en consideración que Galicia esta a piques de superar a etapa de illamento ferroviario co resto do estado ante a inminente chegada do AVE as principais cidades galegas, feito que vai supor que miles de viaxeiros cheguen a Santiago ou A Coruña, e que se engaden os usuarios dos aeroportos das devanditas cidades, e que precisan un transporte interurbano áxil para chegar os diferentes destinos. Este é un factor moi importante para Viveiro que esta a padecer unha perda continua de emprego na industria e que ve no turismo o sector primordial para a economía do noso concello.
Estes dous factores, os que hai que engadir os efectos cada vez mais evidentes dun cambio climático pouco menos que irreversible, debería abondar para que a administración autonómica, tomara medidas para potenciar o uso do transporte público interurbano entre as cidades e vilas de Galicia, incrementado rutas e frecuencias para facilitar os desprazamentos das persoas e minimizar o consumo dos combustíbeis fósiles.
Todos estes razoamentos, aparentemente sinxelos, complicanse moito no caso de Viveiro, cidade que podemos considerar como periferia dentro da periferia, xa que a día de hoxe esta é a situación na que se atopan os usuarios e usuarias que desexen utilizar o transporte públicointerurbano de entrada e saída de Viveiro con Lugo, A Coruña e Santiago:
Estes datos son de viaxes directas, con transbordos hai algunha posibilidade mais de viaxar, poren a duración non e acorde os tempos de hoxe e fai de efecto disuasorio para moitos posibles usuarios.
A nosa proposta é que as rutas con orixe ou destino en Viveiro teñan un mínimo dunha viaxe directa en horario de maña e outra viaxe directa en horario de tarde, proposta que na actualidade solo se cumpre no caso de Lugo de luns a sábado.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta para a súa aprobación en pleno:
1. Trasladar a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o acordo da corporación municipal que considera moi escaso e deficiente o actual servizo de transporte público interurbano en autobús que comunica Viveiro con Lugo, A Coruña e Santiago.
2. Solicitar a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a convocatoria dunha
reunión das tres partes implicadas : Concello, Consellería e Empresa concesionaria. Para tratar de optimizar o servizo de transporte público interurbano de Viveiro.