A construción da A74 foi anunciada polo goberno do estado no ano 2000, para compensar os concellos da Mariña Central e Occidental por unha decisión política, da que tamén foi cómplice a Xunta de Galicia, na que se tomou a decisión de levar a A8 ata Vilalba.
Esta autovía de unha lonxitude total de 33.5 kilómetros, divídese en tres tramos:
1. Barreiros-Foz de 11.1 kilómetros.
2. Foz-Burela de 9.1 kilómetros.
3. Burela-San Cibrao de 13.3 kilómetros.
A día de hoxe, 22 anos despois, unicamente está rematado e presentado o proxecto do tramo Foz-Burela, estando aínda pendentes ou en revisión os outros dous tramos.
En Por Viveiro consideramos de vital importancia esta infraestrutura para o noso concello e tamén para os concellos da mariña central e occidental, xa que unha vez rematada a sua construción, ademais de posibilitar un trafico mais rápido e seguro, será un factor fundamental no desenvolvemento económico de toda a comarca.
Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno que inste o goberno central a consignar nos orzamentos para o ano 2023 unha partida que permita a activación da construción da autovía A-74 e se comprometa a licitar o tramo Foz-Burela e tamén a rematar os proxectos pendentes para poder ser licitados nos orzamentos de 2024.