Ribadeo, 16 de novembro, 2022. Na sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que a asociación de Veciños «Por Nuestro Faro» lle ten dirixido ao alcalde, con datas como 28/08/2021 ou 28/03/2022. Mesmo tras a mediación da Valedora do Pobo, organismo en Galicia encargado de velar pola transparencia e o dereito á información, non obtivemos do Concello ningunha resposta clara nin directa.
Por esa razón, o 16 de novembro de 2022 enviouse un novo correo ao Concello de Ribadeo, insistindo na necesidade de obter informacións concretas sobre cuestións vitais na Illa Pancha.
Á vista do despregue de camiños, varandas, terrazas e niveis que ocupan de xeito amplo a visión de calquera visitante que se interne na illa, volvemoslle preguntar ao alcalde se está en posición de dicirnos «se a cafetaría e os seus servizos invaden terreos da Illa Pancha fora do espazo concedido de 500 m²». En consecuencia, preguntamos se «as obras de execución da cafetaría da Illa Pancha, que funciona dende agosto de 2021, se axustan ao proxecto inicial».
Tamén reiteramos a pregunta sobre se por fin «existe informe da inspección técnica» que daría o visto bo á Declaración Responsable da empresa concesionaria para abrir a cafetaría (lembremos que a cafetaría se abriu por primeira vez fai xa 15 meses).
Doutra banda, e dado que o sistema de eliminación de residuais proposto pola concesionaria está a tramitarse desde agosto de 2018, quixéramos saber se a día de hoxe “no concello de Ribadeo existe constancia de que a fosa séptica teña resolución favorable de Augas de Galicia» e que aclare «cal é o sistema de depuración de residuais, tendo en conta que pode estar vertendo á Ría de Ribadeo en zona de protección dá Rede Natura 2000, e que este proxecto foi presentado antes de que existise a cafetaría que obviamente incrementa as emisións ao medio ambiente».