O Voceiro Socialista, José García remarcou que “os traballos que se realizaron nestes espazos naturais supuxeron un investimento económico de 39.585 euros”
Riotorto, 4 de novembro de 2022. Os Socialistas de Riotorto agradecen o traballo e o esforzo inversor da Confederación Hidrográfica do Cantábrico na vila. Concretamente, o ente publico realizou melloras no río Torto, na contorna de As Rodrigas, nas inmediacións e no río Machín, e no río Ferreiravella, preto de Carboeiro e A Grova.
O Voceiro, José García remarcou que as xestións da agrupación socialista de Riotorto diante da Confederación do Cantábrico deron os seus froitos, e tras manter unha xuntanza de traballo co director da Confederación do Cantábrico, Manuel Gutiérrez García, “na que lle expuxemos ás necesidades de limpeza deste ríos, agora podemos desfrutar destas novas intervencións nestes entornos, que son moi necesarios para seguir mantendo os nosos ecosistemas e a diversidade dos nosos afluentes”, incidiu.
Os traballos que se realizaron nestes espazos naturais do Concello de Riotorto, e que supuxeron un investimento económico de 39.585 euros, consistiron na retirada de árbores e restos vexetais acumulados en diferentes tramos do cauce, así como a tala de árbores secas, enfermos ou con risco de caer, e tamén tarefas de poda.
“Unha vez máis escoitamos ás demandas da veciñanza, e cumprimos coas nosas promesas para adecentar estes espazos naturais que son un aliciente para visitar os nosos paraxes naturais”, incidiu José García.