Os populares ven incomprensible que Burela sexa o concello da Mariña que menos axudas reciba de toda A Mariña sendo o deporte unha referencia no municipio
Burela, 25 de novembro de 2022. No ano 2021 o goberno local de Burela anunciou axudas a entidades deportivas do municipio por valor de 33.900 euros para facer fronte ao parón provocado pola pandemia do Covid-19. O voceiro do grupo popular, Manuel Rouco, denuncia que “o anuncio de 33.900 euros sitúanos unha vez máis á cola dos concellos da Mariña no reparto de axudas a entidades deportivas en relación a aqueles que deberían ser a nosa referencia”.
Neste sentido, Rouco refírese a municipios como Viveiro ou Ribadeo que por poboación e actividade económica teñen similitudes á hora de afrontar a repartición de axudas. “Lonxe da nosa cifra quedan os 96.000 euros anunciados por Viveiro ou os 43.000 euros anunciados por Ribadeo”, explica o voceiro.
O popular apunta que “é incomprensible esta situación”. A localidade conta con numerosas escolas deportivas con centos de nenos e nenas participando en diferentes actividades relacionadas con este mundo e, ademais, “somos o concello máis rexuvenecido da Mariña”.
Por outra banda, Manuel Rouco recorda que “hai ven pouco contábamos con dous equipos na máxima categoría nacional na súa actividade deportiva. O voceiro destaca a referencia de Burela no fútbol sala que ata a tempada pasada contaba co equipo feminino e masculino na máxima categoría. Por contra, en Cervo, o Candelaria S.D, un equipo de segunda rexional, recibe 22.000 euros en axudas municipais, unha cuantía moi superior ao equipo de fútbol sala femenino de Burela que está en primeira división nacional, ou ao masculino que está en segunda división nacional. “Isto él algo asombroso, e por todos estes motivos pensamos que é incompresible que Burela sexa o concello de A Mariña que menos axude e publicite por medio das asociacións e equipos deportivos” recalca o voceiro.