O acordo foi adoptado a proposta dos populares, á vista de que as obras proxectadas na banda dereita están pendentes de que o xulgado resolva a reclamación do canon eólico
Rodríguez di que unha vez máis quedou demostrada a falta de capacidade do goberno local para xestionar os intereses públicos dos veciños de Viveiro. Esa incapacidade provocou no seu momento que o Concello quedara fóra da aportación correspondente ao canon eólico, coa que quería financiar a construción da beirarrúa dereita no citado tramo e a renovación das redes de servizos. O asunto acabou en vía xudicial, onde aínda non se resolveu. Dado que a construción da beirarrúa dereita non se executará a curto prazo, os populares, queren que o Concello dea cumprimento ao acordo adoptado no pasado pleno, a proposta súa, e que, cos seus propios medios, constrúa a beirarrúa esquerda.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que é necesario que a estrada neste tramo conte con beirarrúas en bo estado, dado que rexistra un intenso tráfico rodado e, polo tanto, os peóns teñen que poder camiñar con seguridade.