Os populares instan á alcaldesa a responder con rapidez fronte ao problema que ten preocupados a numerosos veciños
O concelleiro Javier Teijeiro explica que nun percorrido polo Parque Municipal Pernas Peón puido “comprobar a existencia dunha colonia de ratas de considerable tamaño a poucos metros da zona de randeeiras e demais xogos, concretamente debaixo dunha palmeira situada no bordo do estanque dos patos”. Explica que, por outra parte, “varios veciños nos alertaron do mesmo problema no Parque Infantil de Viveiro, situado á beira do paseo marítimo, moi preto do Hotel Urban”.
O portavoz municipal, Óscar Rodríguez, sinala que o goberno local ten que facer as xestións oportunas coa empresa encargada das labores de eliminar as colonias de ratas na cidade para que tome as medidas oportunas para combater este problema nos dous parques citados. Considera que tamén neste caso parece fallar o control do goberno local sobre o labor das empresas contratadas para a prestación de servizos ao concello. Rodríguez sinala que este é un tema serio, que afecta a seguridade e a salubridade e ao que hai que dar unha resposta rápida.