Desde o Grupo Municipal Popular instan ao goberno do BNG a retirar a torre de medio tensión dentro da calzada da estrada do Faro, recentemente acondicionada e arranxado o seu pavimento despois de múltiples retrasos
Ribadeo, 25 de novembro de 2022. O grupo municipal popular solicitou en diferentes plenos, a través de mocións e rogos, o acondicionamento da estrada do Faro, o arranxo do seu pavimento e a colocación de farolas e de novo mobiliario urbano. Con todo, despois das múltiples problemáticas e retrasos, e cando o equipo de goberno do BNG considera que está case rematada aparece unha torreta de medio tensión dentro da calzada, sendo unha causa máis de posibles accidentes de tráfico.
Ao voceiro dos populares, Dani Vega, asómbralle esta situación pois “o puideron ver en numerosas ocasións nas que por cada pequeno paso que daban na inversión desa estrada sacaban unha foto, polo que desde o noso grupo preguntámonos cómo é posible que non foran capaces de ver ese poste que está a interrumpir o tráfico nunha curva.” Ante esta circunstancia, os populares explican que os veciños fixeron unha crítica en masa, “en moitas ocasións con certa gracia e burla” pola inexplicable ubicación da torreta de media tensión.
“Como non podía ser de outra forma, agora o goberno do BNG bota a culpa a outras administracións en vez de asumir os seus erros. Sempre son desculpas e responsabilizar a outros, xa está ben. Por iso esiximos que se actúe rapidamente e se resolva canto antes este asunto.” di Dani Vega.
Por outra banda, desde o grupo popular instan que avancen no soterrado de todo o cableado de media tensión. “Por qué non se nos explicou no seu momento que era mellor esperar a soterrar o cableado antes de botar o aglomerado? E que son tantas desculpas que xa non se pode creer nada”, apuntan desde o grupo.
Peticións que urxen en Ribadeo
Os populares demandarán no seguinte pleno varias peticións ademais da retirada da torreta de medio tensión na curva da estrada do Faro, que une Ribadeo con Illa Pancha. Unha ruta na que discorren numerosos vehículos e pola que é necesaria unha rápida solución.
Desde o grupo insta ao goberno do BNG o acondicionamento da zona costeira camiño do Faro como un espazo de lecer atendendo ao coidado do patrimonio natural. “Pedimos invertir na carretera do Faro, que se arranxara o pavimentado, que se colocara as papeleiras e unha nova iluminación, que se invertira no entorno, é decir, crear unha zona verde, un pulmón verde para Ribadeo. Así, teremos un espazo máis para prática de deporte ou para pasar coa familia a fin de semana”, apunta Vega.
Por outra banda, o grupo presentará tamén a petición para que o goberno local comece a tramitación do traslado de almacén de butano en outra ubicación dentro do concello de Ribadeo. O voceiro considera que “hai que traballar e dar pasos importantes para que se traslade o almacén de butano a unha nova ubicación. Hai que facer un consenso coa dirección do almacén, falar coa administración autonómica, estudar a súa posible ubicación atendendo aos permiso de solo industrial”