Os populares comparten a preocupación veciñal porque o espazo reservado para os peóns acabe sendo utilizado para estacionar vehículos, dado que o Concello non crea aparcadoiros no ámbito urbano
Muras, 23, novembro de 2022. O próximo luns está prevista a reapertura do tramo cortado da estrada provincial LU-P 6602 en Muras a causa das obras levadas a cabo na Praza da Galeguidade e no seu entorno. Hai aspectos do resultado destas obras, acometidas con fondos provinciais, que non gustan aos veciños. O PP faise eco das queixas veciñais e suxire que se teñan en conta antes de dar por rematadas as obras. Así o indica a portavoz popular, María Eugenia Requeijo.
Para os populares, hai algún farol que, por estar situado na mesma calzada e nunha zona na que esta se estreita, probablemente xerará problemas ao tráfico rodado, ata o punto de que pode constituír un problema de seguridade. Isto ocorre, por exemplo, nas inmediacións da igrexa.
Por outro lado, Eugenia Requeijo comparte tamén as críticas veciñais en canto á falta de protección do espazo reservado para o paso de peóns en relación coa calzada. Aínda que o pavimento é distinto, ao estar ambas zonas ao mesmo nivel, os veciños temen que acabe sendo utilizadas para o estacionamento de vehículos, dado que o Concello non acaba de crear os necesarios aparcadoiros no entorno urbano.
Os populares sinalan que sería convinte que se reconsideraran asuntos como os indicados antes de dar por finalizada a execución das obras, de maneira que finalmente os resultados sexan máis duradeiros, maior a comodidade para os usuarios da praza e do seu entorno, e tamén maior a seguridade para o tráfico rodado.