O popular lamenta que “Burela estea á cola da Mariña tamén en materia de conciliación” tendo en conta que outros Concellos da comarca tamén gobernados polo PSOE si ofrecen estes servizos
O popular considera que se trata “dun novo exemplo de que o señor Llano e o seu equipo non están a gobernar para facilitar a vida dos bureleses; senón todo o contrario: dános as costas”. De feito, “as familias teñen que buscarse a vida para lograr conciliar a vida laboral coa atención aos seus fillos”.
A propia ANPA explicou que trataran de conseguir unha axuda do Concello, pero que non a lograron; a pesar de que existe demanda por parte das familias. Os populares explican que “outros Concellos da comarca gobernados pola mesma cor política que Burela -coma Viveiro ou O Valadouro- ofrecen este tipo de servizo que favorece a conciliación da vida laboral e familiar; pero o goberno burelés desoe, unha vez máis, as demandas e necesidades dos nosos veciños e veciñas”, sinala Rouco.
É máis, dende o PP local cren que “debera ser xa o propio goberno local o que estudara a demanda e deseñara, en colaboración cos centros educativos da vila, este tipo de servizos para poñelos en marcha xa ao inicio do curso”. Desta forma, “axudaría ás familias e evitaría que algunhas decidiran matricular aos seus fillos en centros doutros municipios que si contan con este tipo de servizos”.
O popular lamenta que “Burela estea, unha vez máis, á cola da Mariña. Nesta ocasión, en materia de servizos sociais relacionados coa conciliación”.