Site icon Crónica3.com A Mariña

O libro “Un año contigo” vén de ser presentado no salón de actos do Hospital da Mariña en Burela

No Hospital da Mariña foi onde Raquel desenrolou a súa actividade profesional como auxiliar de enfermaría, en varios departamentos, pero sobre todo na UCI, onde traballou moitos anos e onde garda moitos amigos. Por iso visitar o salón de actos do Hospital da Mariña este mércores foi algo moi especial. “Un año contigo” narra as experiencias de Raquel arredor do cancro que padeceu durante o ano 2019. Acompañouna Eva López Roca, Subdirectora Asistencial do Hospital da Mariña, Pilar Rodríguez Ledo, Subdirectora de Humanización, e Ignacio Fernández Sobrado, o oncólogo que levou a enfermidade de Raquel. Tamén se contou coa especial axuda de María Xosé Cortés, Xerente do Hospital da Mariña, e de Gloria Enríquez Sanjurjo, que preparou o acto, e o bo facer musical do Cuarteto de Corda da Escola de Música de Burela.

Exit mobile version