Á entrada ao pleno, a vicepresidenta Maite Ferreiro valorou unhas contas que teñen como principal piar o Plan Único , “unha garantía de que os recursos chegan a todos os concellos, atendendo a criterios obxectivos”, e que asumen o mantemento e ampliación da rede de Centros de Atención a Maiores, así como a Rede Museística Provincial.
No debate plenario, o deputado de Deportes Efrén Castro incidiu na importancia dos fondos provinciais para o tecido asociativo, sinalando que a institución provincial é o principal soporte económico para colectivos e entidades deportivas e culturais. Así, os orzamentos prevén un investimento conxunto de 3,4 millòns de euros en distintas liñas de axuda á entidades e colectivos do ámbito cultural e deportivo.