Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña-Ortegal avalía cos axentes do territorio o impacto do período de Fondos 2014-2020 en Viveiro

O mércores 16 de novembro: ás 12.30h está convocada a Mesa do sector público na sede do GALP e ás 17h as Mesas do sector pesqueiro, social e económico no Concello de Viveiro

Viveiro, 15 de novembro de 2022. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal está en pleno proceso de avaliación final da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, tras o peche do período operativo de traballo. Esta avaliación trátase dun proceso aberto no que o Grupo quere recoller a opinión do tecido da Mariña-Ortegal sobre a implementación da Estratexia, e sobre como afectou ao desenvolvemento do territorio da Mariña Ortegal.

Con tal fin organiza dous espazos participativos cos axentes da contorna para recibir o seu retorno e que as e os participantes poidan dar conta do impacto do traballo do GALP dende o 2014 ata hoxe, así como as súas propostas de mellora de cara ao período FEMPA.

As dúas xuntanzas terán lugar o próximo mércores 16 de novembro, en sesión de mañá na sede do GALP para o sector público, e ás 17h no Concello de Viveiro para os sectores pesqueiro, o social e o económico. A asistencia ás xornadas non require inscrición previa, para máis información pódese contactar co GALP polos medios habituais.

Exit mobile version