Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña-Ortegal avalía coas entidades do territorio o impacto do período 2014-2020 nunha sesión en liña

Será unha mesa de traballo vía Zoom o martes 29 de novembro ás 18h Viveiro

Viveiro a 23 de novembro de 2022. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal está en pleno proceso de avaliación final da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo tras o peche do período FEMP 2014-2020. Esta avaliación trátase dun proceso aberto no que o grupo quere recoller a opinión sobre o traballo desenvolto na implementación da Estratexia, e sobre como afectou ao desenvolvemento do territorio da Mariña Ortegal. Con tal fin organiza unha mesa de traballo en liña coas entidades do territorio para recibir o seu retorno. Na sesión, as persoas participantes poderán dar conta do impacto do traballo do GALP dende 2014 ata hoxe, así como achegar as súas propostas de mellora de cara o futuro. A xuntanza terán lugar o próximo martes 29 de novembro ás 18h nunha sesión en liña a través de Zoom. Para máis información pódese contactar co GALP polos medios habituais

Exit mobile version