Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado do goberno reitera na súa visita á Mariña o compromiso coa reactivación de Alcoa e destaca que Galicia vén de recibir 44,2M€, a maior contía de toda España, para as electrointensivas

Trabada, 25 de novembro, 2022. O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, aproveitou a visita á Mariña para destacar a recente resolución do Consello de Ministros “vital para o impulso da industria galega”, na que Galicia é a comunidade autónoma que máis fondos recibe de toda España, 44,2 millóns de euros, polo mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro.

En concreto Alcoa é a empresa que máis fondos recibe, con case 30 millóns de euros (27 millóns para aluminio e 2,9 para alúmina). “Reiteramos e amosamos con feitos unha vez máis o noso compromiso con Alcoa e coa reactivación da pranta. Cumprimos tal e como dixemos, e non atopamos na Xunta a mesma implicación”, lamentou.

Exit mobile version