Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello programa unha nova edición de ‘Cervo Concilia’ polo Nadal

O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 23 de decembro e finalizará o 5 de xaneiro

Cervo, 28 de novembro de 2022. O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Cibrao e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro.

Exit mobile version