Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro considera “inaceptables” os problemas do servizo de pediatría e esixe á Xunta “que deixe atrás a inacción e aporte solucións”

Viveiro, 16 de novembro de 2022. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, considera “inaceptables” os problemas que desde hai tempo existen no servizo de pediatría do centro de saúde do municipio.

“Non falamos dun problema puntual, levamos moito tempo así, con tempadas nas que só hai un pediatra”, lembra Loureiro, que lamenta que “a única alternativa sexa que as familias teñan que ir ata Burela, onde tamén teñen os seus problemas e prodúcese un colapso”.
“Ademais, non é só pediatría, no centro de saúde de Viveiro hai días nos que só hai dous ou tres médicos dispoñibles para unha poboación de 15.000 persoas”, afirma.

A alcaldesa de Viveiro critica “a inacción da Xunta de Galicia, falamos dun servizo básico e esencial”, polo que esixe á Consellería de Sanidade “unha solución urxente ás carencias na atención primaria”.

Exit mobile version