Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo ten aberto o prazo de solicitude de axudas para as anpas e os centros educativos do municipio

As entidades teñen ata o 22 de novembro –incluído- para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello

Cervo, 12 de novembro de 2022. O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás ANPAS e aos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.

A convocatoria permanecerá aberta ata o 22 de novembro.

Tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”.

O rexedor apuntou que “reservamos unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

As bases están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/

Exit mobile version