Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo reuniu á veciñanza da urbanización Vía Láctea de Río Cobo para comprobar in situ os avances das obras de accesibilidade que se están a executar

No encontro participaron o rexedor, a tenente alcalde, a edil de Obras, e os técnicos que dirixen a actuación que supón un orzamento de case 50.000 euros

Cervo, 16 de novembro de 2022. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, respectivamente, desprazáronse ata Río Cobo, para manter un encontro coa veciñanza da urbanización Vía Láctea, onde se está a executar unha obra cuxo orzamento está próximo aos 50.000 euros.

Tal e como lles explicou Villares, con esta actuación buscamos “mellorar a accesibilidade e a seguridade na zona”; contemplamos “a renovación parcial da rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e a execución de novas beirarrúas, mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns”.

Durante a reunión, na que participaron tamén os técnicos responsables da obra, fíxose un percorrido por toda a zona afectada pola actuación –que xa se está a executar- e que suporá unha mellora importante para toda esta zona residencial do municipio.

Exit mobile version