Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Ribadeo recibe do Concello material da campaña de sensibilización contra a violencia machista

Ribadeo, a 21 de novembro de 2022. Continuando coas actividades previstas pola Concellería de Igualdade con motivo da celebración o próximo día 25 de novembro do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, foron repartidos adhesivos para que poidan poñer nos seus escaparates ou portas dos establecementos de Acisa co lema da campaña Ribadeo contra a violencia machista: antes, agora e sempre.

Ao longo da semana e co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia machista continuarase coa repartición de material polo resto dos comercios de Ribadeo.

Como xa anunciou a edil ribadense Mónica Freire Rancaño na presentación da campaña “trátase de que a loita contra a violencia machista non se circunscriba a un só día, o 25N. Este material de para visibilizar esta campaña lembrará de forma continuada o propósito”.

No acto de entrega do material a Acisa participaron Mónica Freire, a directora do CIM, Montse González, a educadora familia, Fianma Prada, e a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Exit mobile version