Lugo, 11 de novembro de 2022. O circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para esta fin de semana unha decena de representacións en diferentes concellos: A Fonsagrada, Pol, Muras, As Nogais, Alfoz, Mondoñedo, O Corgo, Guitiriz, Cervo e Lugo.
Axenda e notas sobre as obras
ESCOLA DE VAQUEIRAS (METÁTESE TEATRO)
Venres 11 de novembro | 20:30h | SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL OS CHAOS (FONSAGRADA)
Comedia. Todos os públicos.
Sinopse:
Un grupo de homes e mulleres que desexan regresar ao rural, deciden asistir a unha academia na que se imparten clases maxistrais sobre as labores do campo, establecéndose en clave cómica un paralelismo entre o universo da aldea galega e o vello Oeste Americano. Nesta obra amósase un sorprendente universo teatral no que se reflexiona, con altas doses de humor e retranca, sobre a vida na aldea, sobre os conflitos familiares, sobre a convivencia entre veciños, sobre a igualdade nos roles…
O TERAPEUTA (PICO DO CASTRO)
Sábado 12 de novembro | 18:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO (POL)
Comedia. Público adulto.
Sinopse:
O lugar de encontro: un consultorio psicolóxico. Os personaxes: un doutor con especialidade na psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia! Así as cousas, o doente irá pouco a pouco sacando ao doutor das súas casillas a pesar da súa paciencia. Neste senso, ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocresía, a soidade e a sexualidade.
A TORTILLA E A PESTE (NOVA ESCENA)
Sábado 12 de novembro | 19:00h | CASA DO MÉDICO (MURAS)
Comedia con música en directo. A partir de 14 anos.
Sinopse:
Cinco mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no ‘‘axis mundi’’ duns personaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.
ARTE (HIPÓCRITA TEATRO)
Sábado 12 de novembro | 19:30h | CENTRO SOCIOCULTURAL (AS NOGAIS)
Comedia. Todos os públicos.
Sinopse:
Esta é unha obra construída con personaxes que se revelan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, nos mostrarán unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos, sobre a fraxilidade das relacións humanas e sobre a incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.
Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de vinte anos, comportándose como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero.
ALBERGUE CASA AMARELO (O MISTERIO DA VIA REXIA) (LUME ESCÉNICO)
Sábado 12 de novembro | 20:30h | CENTRO SOCIOCULTURAL (ALFOZ)
Comedia. A partir de 12 anos.
Sinopse:
A Vía Rexia é a máis antiga do Camiño Norte de Santiago, pero fai séculos desapareceu dos mapas e escritos peregrinos. A razón? un misterio que debe ser resolto na mesma aldea de Xudán. Hai xudeus e xudías en Xudán? O mesmo Paco que ocupa no Vaticano o lugar de Pedro o pescador, busca unha resposta. O grande misterio da cristiandade será revelado.
A LENDA DE XIAN (CURUXAN TEATRO IMPRO)
Sábado 12 de novembro | 20:30h | AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA (MONDOÑEDO)
Comedia de improvisación. Público adulto.
Sinopse:
Esta é unha nova aventura impro na que o público é o que decide os acontecementos que marcan o desenvolvemento da trama. O público escolle personaxes e sucesos, e os actores son os que resolven, por iso que nunca se sabe cal vai ser o final da historia, todo será o resultado da
improvisación.
VIVAN OS NOIVOS (A ADALA)
Sábado 12 de novembro | 20:30h | LOCAL SOCIAL CELA (O CORGO)
Comedia. Todos os públicos.
Sinopse:
Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seu respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a
competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu amor.
CLOWNCERTAZO (FALCATRUEIROS)
Domingo 13 de novembro | 17:30h | CASA HABANERA (GUITIRIZ)
Comedia. Todos os públicos.
Sinopse:
Unha historia de sete músicos, ou sete clowns… ou sete… sete que? Sete que van dar o concerto da súa vida, un concerto moi importante, ante un público esixente que non quita ollo ante tal espectáculo, e todo ten que saír á perfección. Serán capaces? Parece doado, ou non? Quizais non sexa tan sinxelo preparar un concerto, quizais se poida complicar, quizais empecen a xurdir problemas, quizais, quizais, quizais…
VIVAN OS NOIVOS (A ADALA)
Domingo 13 de novembro | 19:00h | POLIDEPORTIVO DE VILAESTROFE (CERVO)
Comedia. Todos os públicos.
Sinopse:
Olegario e Olvido son un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seu respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro. Ambos pasan o día a
competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro. Finalmente, como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu amor.
NO FÍO DAS HISTORIAS (ALENTÍA TEATRO)
Mércores 16 de novembro | 16:00h | PAVILLÓN CEIP CASÁS (LUGO)
Comedia. Público familiar.
Sinopse:
Desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, preséntanse varias historias que invitan a reflexionar con humor sobre o ecoloxismo, a diversidade, a tolerancia… Personaxes disparatados como a raíña Mirona, o
monstro do lixo, o pallaso despistado… buscarán sacar a gargallada do patio de butacas. O público só ten que deixarse envolver por un espectáculo cargado de fantasía e moita luz.
87 representacións de 29 compañías
O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en marcha desde mediados de outubro, mantén en xira polas comarcas vinte nova compañías. Ata final de ano, programaranse un total de 87 representacións, intgramente financiadas pola área de Cultura que mantén así mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
As datas, horarios e lugares das representacións difúndense e actualízanse en cultura.deputacionlugo.gal